O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital de Ribeira foi unha das entidades que cederon obra para gran exposición sobre Pablo Picasso organizada pola Xunta no Museo de Belas Artes da Coruña e tamén súmase con programación propia á celebración do 50 aniversario do pasamento do artista malagueño. Tres mostras se desenvolverán neste espazo ata o mes de outubro como homenaxe ao pintor. A primeira das tres mostras, 'Gravados ao linóleo de Pablo Picasso', terá lugar entre febreiro e abril e estará conformada por 44 linogravados que recollen parte do traballo nesta técnica realizado polo pintor entre os anos 50 e 60. Unha técnica especialmente atractiva para o artista, que achou nela unha relación colorÃstica axeitada á economÃa da liña das súas composicións maduras. Xa en maio e xuño exporase a mostra da obra dos pintores barbanceses Manuel Ayaso e Alfonso Costa Beiro en homenaxe a Pablo Picasso.