O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román RodrÃguez, presentou hoxe aos medios galegos no Museo de Belas Artes da Coruña "Picasso, branco no recordo azul", a gran exposición coa que a Xunta reivindicará desde o 23 de marzo a pegada galega na traxectoria do artista a través dunha escolma de 120 pezas, moitas delas representativas do seu perÃodo de formación na Coruña e da súa etapa de madurez e consagración. Trátase dunha mostra comisariada por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira, que se enmarca na programación oficial da Celebración Picasso 1973-2023 impulsada polo Musée National Picasso-ParÃs e a Comisión Nacional para a Conmemoración do 50º aniversario da morte de Pablo Picasso, que conta con Telefónica como empresa colaboradora do programa en España.
En total, a mostra componse de 120 pezas prestadas por 35 coleccionistas privados ou institucións internacionais e nacionais como o Museo Picasso de Barcelona, a Fundación Almine y Bernard Ruiz-Picasso para el Arte (FABA), Muse National Picasso de ParÃs, Museo Picasso de Antibes, Museo Reina SofÃa, Museo Casa Natal de Picasso de Málaga, ABANCA, Escola de Arte e Deseño Pablo Picasso da Coruña, Deputación da Coruña, Fundación Camilo José Cela, Fundación Museo do Gravado e a estampa de Artes de Ribeira, Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Museo Picasso de Málaga e Museo da Universidade de Navarra. A exposición, que poderá visitarse do 23 de marzo ao 25 de xuño no Museo de Belas Artes da Coruña, analiza desde diferentes miradas ata que punto transcenderon os catro anos da época coruñesa de Picasso na súa obra de madurez. Para iso estrutúrase a través de 10 capÃtulos temáticos nos que se reflexiona sobre os aspectos que distinguiron a obra do artista como o gran pintor do século XX e cales delas naceron da súa aprendizaxe na Coruña, onde viviu entre 1891 e 1895. AnalÃzanse desde os temas, as variables iconográficas, os conceptos ou a dimensión de moitas da súas ideas e experiencias coa linguaxe visual. Para cada un destes capÃtulos seleccionouse, polo menos, unha peza mestra, que se relaciona cunha ou outras do seu perÃodo de formación en Galicia.
Deste xeito, poderán verse, entre outras obras, "Estudio para la cabeza de caballo", un debuxo prestado polo Museo Nacional Centro de Arte Reina SofÃa que foi preparatorio de Guernica, ou o primeiro retrato en lenzo da carreira de Picasso protagonizado pola súa irmá, Dolores Ruiz Picasso, propiedade da Fundación Almine y Bernard Ruiz-Picasso en préstamo temporal ao Museo Picasso Málaga. Exporase por primeira vez "L'Aumone (The Charity)", un debuxo realizado en 1898 sobre a prostitución con certa denuncia social ao xustapoñer o pracer cos baixos fondos, procedente dunha colección particular, e tamén se amosará a faceta de Picasso no eido do paisaxismo, pouco explotada polo artista pero si presente na súa etapa coruñesa, xa que foi alà onde comezou a cultivalo como demostra a taboÃña na que pintou o rompente das ondas da praia do Orzán propiedade do Museu Picasso de Barcelona que foi doada por Pablo Picasso en 1970. Tamén se poderán ver dúas pezas da serie na que o malagueño reinterpretou o cadro das Meninas de Velázquez. O bodegón cubista "Instrumentes de musique et compotier sur une table", propiedade da Fundación Almine y Bernard Ruiz-Picasso para el Arte, no que aparecen elementos ligados á súa infancia, como a guitarra, a gralla ou unha gaita, son outra das revelacións desta mostra xunto con "Maya à la poupée", do Musée Picasso de Paris, unha obra mestra que ten a súa orixe temática na Coruña, e que será outra das pezas estelares da exposición.
Ao redor da mostra, tamén se está a artellar un intenso programa de actividades paralelas, en colaboración co Concello da Coruña, como encontros, conferencias e charlas abertas ao público que contarán coa presenza de especialistas internacionais na obra de Picasso. Afondarase nalgúns aspectos pouco coñecidos da súa traxectoria profesional e tamén sobre a súa etapa en Galicia. Ademais, poranse en marcha ciclos audiovisuais coa proxección de filmes e documentais que permitan coñecer máis sobre o autor, asà como actividades musicais e educativas, dirixidas tanto aos escolares como ao público en xeral que incluirán visitas guiadas e obradoiros de pintura.