Falece o pintor Xusto Moreda

O artista ribadense tiña 87 anos de idade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xusto Moreda. Fonte: Galipedia. Fotografía de Nicolas Fernández.

Xusto Moreda. Fonte: Galipedia. Fotografía de Nicolas Fernández.

Este sábado 30 de xullo falecía no seu Ribadeo natal o pintor Xusto Moreda aos 87 anos de idade. Amplamente coñecido nos círculos culturais galegos, Moreda desenvolveu ao longo da súa vida unha intensa actividade creativa nun estilo que vencellaba o expresionismo figurativo co surrealismo e o fauvismo e no que destacaron os retratos de mulleres e as paisaxes.

O autor colaborou ao longo da súa vida con moitos dos nomes das nosas letras, que crearon textos a partir das súas obras. Darío Xohán Cabana, Manuel Lourenzo, Xesús Pisón, Antón Avilés de Taramancos, Miguel Anxo Fernán-Vello, Xavier Rodríguez Baixeras, Mato Fondo ou García-Bodaño foron algúns dos que participaron destes intercambios.

Moreda ademais chegou a rexer unha galería de arte na Coruña e desenvolveu un grande número de exposición por todo o país.

Que che parece esta nova?
122 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Lourenzo, Darío Xohán Cabana, Xavier Rodríguez Baixeras, Antón Avilés de Taramancos...