O debuxante Alex Cal ultima un novo proxecto nos Estados Unidos

No festival de Cómic de Nova York presentouse un adianto de 12 páxinas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

The Stand-in é o título do último proxecto que Alex Cal está a desenvolver nos Estados Unidos. Unha serie de catro números con guión de Jim Krueger que narra as aventuras dun actor contratado como dobre nunha campaña electoral á Presidencia dos Estados Unidos ao que culpan dun asasinato. A serie non ten aínda data de saída ao mercado, pero na última edición do Festival de Cómic de Nova York (o Comicon, que se celebrou do 4 ao 8 de febreiro), editouse un especial de 12 páxinas que avanza o estilo do proxecto.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estados Unidos, Cómic, Nova York, Guión

Claves

Conceptos