As empresas celebran o Día das Letras Galegas con concursos para a rapazada

Feiraco lanza un certame de relatos breves e Gadis coa Xunta un concurso de vídeos de Tiktok

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:

Dúas empresas do país, Gadis e Feiraco, anunciaron estes días concursos para implicar aos rapaces e rapazas no uso do galego. Deste xeito, Feiraco presentou o XI Certame de relatos breves orientado a rapaces de ata segundo de secundaria, dividido en dúas categorías por tramos de idade. Os relatos deben ser enviados a través da web falarei.gal, promovida tamén pola empresa para incentivar o futuro do galego na rede. Os gañadores recibirán como premio visitar unha granxa de Feiraco coa súa clase. Pola súa banda, Gadis anunciou tamén un concurso para "promover o uso do galego en plataformas dixitais" en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os participantes terán que publicar pezas de vídeo de Tiktok vinculadas a catro disciplinas: arte, música, audiovisual e poesía entre xuño e setembro, aínda que non trascendeu o premio.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gadis, Día das Letras Galegas, Política Lingüística, Poesía...