
Promover o galego en vÃdeos de móbil
Outra institución da lingua galega que se lanza a incentivar o uso do idioma a través dun concurso de micro-obras é o Instituto da Lingua Galega, que neste ano conmemora o seu 50 aniversario. Con esta efeméride o ILG pon en marcha, entre outras actividades, o concurso de vÃdeo Móvete, destinado ao estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega fóra de Galicia. O certame premiará vÃdeos inéditos e orixinais de ata 2 minutos de duración, que poden estar feitos con teléfonos móbiles e 300 MB de tamaño co temas de base 'Móvete co galego', 'Conmóvete co galego' e 'Promove o galego'. Está dirixido a alumnado que estea cursando 3º, 4º da ESO, 1º ou 2º de Bacharelato e pódese participar en dúas modalidades, individual e en grupo. Os vÃdeos serán difundidos a través das contas de Instagram e Twitter do ILG e a través da súa canle de YouTube, e a peza que obteña unha maior puntuación de acordo coas interaccións a que dea lugar ao longo de todo o concurso recibirá como premio unha tableta. O xurado elixirá un máximo de tres persoas e tres grupos finalistas por tema, e un gañador por cada un dos temas, tanto na modalidade individual coma na de grupo. Se as circunstancias o permiten, celebrarase un acto de entrega de premios onde se proxectarán os vÃdeos finalistas e se darán a coñecer os gañadores.