Feiraco e a Xunta ofertan formación online sobre música e baile tradicional

O proxecto enmárcase nas celebracións do Día das Letras Galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
Feiraco e a Xunta ofertan formación online sobre música e baile tradicional

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentaba este 14 de abril a programación conxunta que artellaron a Xunta e a empresa láctea Feiraco con motivo do Día das Letras Galegas. A principal novidade deste programa é a creación cunha "academia virtual" dedicada á música e ao baile tradicional.

Dispoñible no web Vivefeiraco.es, esta iniciativa achega unha colección de catro vídeos realizados por membros da Asociación Xacarandaina que permiten se iniciar na pandeireta e nos pasos básicos da muiñeira, ademais de se introducir no ritmo e no ton empregados no folclore. Estas pezas distribuiranse nas redes sociais ao longo do mes de abril.

Dentro da colaboración desenvolverase tamén o xa habitual Certame de Microrrelatos, que chega á súa décima terceira edición e que premiará narracións inspiradas en Galicia e protagonizadas por unha cantareira ou pandeireteira.

Que che parece esta nova?
101 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Valentín García, Xacarandaina

Claves

Protagonistas
Entidades