O Concello de Santiago, o da Coruña e a SGAE súmanse aos actos das Letras Galegas

Máis letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O país ferve de celebracións arredor do Día das Letras Galegas. O Concello de Santiago presentaba onte a súa programación, entre a que inclúe a instalación dunha carpa de venda de libros na rúa que se complementará con obradoiros, contacontos e outras actividades. Na mesma cidade, a sede da Socieade Xeral de Autores e Editores (SGAE) acolle entre mañá e sábado os espectáculos “Camiños de sol”, “Bicos con lingua” e “Vaguedás” dentro do seu programa “Escena contemporánea”. A Associaçom Galega da Língua, pola súa banda, organiza, tamén na capital, un simposio sobre ”Língua e Género”. Pola súa banda, o teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá mañá mesmo a Festa da Lingua, organizada pola Deputación e mais o concello herculino.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago, SGAE, Rosalía de Castro, Editores...