Multiplícanse os programas de actividades arredor do Día das Letras

Compostela, Pontevedra, Carballo ou Redondela presentaron propostas para este mes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Maio das Letras en Compostela achegará recitais poéticos nos bares, teatro, danza e exposicións e obradoiros e banda deseñada á capital galega. Do mesmo xeito, son moitas as localidades que presentaron os seus programas para o mes no que se celebra o Día das Letras. Deste xeito, en Pontevedra teñen o Mes da Lingua, cunha exposición sobre a historia da lingua galega e outra sobre o grupo Brais Pinto. Conferencias, cinema, teatro e roteiros son outras das actividades programadas. En Carballo terán entre o 9 e o 14 a súa Semana do Libro e da Lectura, que inclúe unha mostra de gravados en homenaxe a Novoneyra, ademais de contacontos, concertos e actividades de rúa. Pola súa banda, en Redondela inclúen na súa programación un intercambio coa localidade de Monção, canda a festas na rúa e presentacións.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Carballo, Redondela, Teatro...