As actividades do Ano Castelao chegarán a 62 concellos de Pontevedra

O programa inclúe unha exposición de banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
As actividades do Ano Castelao chegarán a 62 concellos de Pontevedra

O responsable de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, presentaba onte as actividades que esta entidade organiza para conmemorar o Ano Castelao. Exposicións, concertos e obradoiros fan parte dun programa que presta especial atención á integración á accesibilidade de persoas con dificultades auditivas e mais a infancia. Un total de 62 concellos compartirán propostas que abordan diferentes ámbitos do traballo de castelao. Así, a mostra Escenarios da Prehistoria para visitar revisará mámoas, castros e petróglifos a través de fotografías de Federico de la Peña, a recoller o interese de Castelao pola Arqueoloxía. Do mesmo xeito o programa inclúe unha exposición sobre o traballo de Luís Davila a abordar o humor gráfico e outra sobre bandas de música.

O interese de Castelao pola banda deseñada colle forma na exposición De Castelao ao mañá: Unha ollada ao cómic galego, onde se amosarán os traballos do rianxeiro na novena arte e se percorrerá a evolución da mesma no noso país ata a actualidade. Canda a isto, contacontos, cantares de cego, concertos de Alba María, Emilio Rúa, Tino Baz e Manoele de Felisa, obradoiros para os máis novos e unha App educativa fan tamén parte desta programación.

Que che parece esta nova?
109 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Banda deseñada, Luís Davila, Xosé Leal...