A plataforma de contratación da Xunta daba hoxe conta dun novo concurso público para a "construción e posta en marcha dun sistema para a xestión dun catalogo de autoridades unificado das entidades do patrimonio histórico e cultural galego e a creación/ampliación de dous micrositios baseados en GALICIANA", por un valor de 703.784 euros con IVE. O contrato inclúe a elaboración dun catálogo unificado das autoridades (referÃndose ás entidades que introducen contidos en Galicia, como os arquivos, as bibliotecas ou os museos), que "permitan identificar de forma unÃvoca" a cada unha destas entidades. Pero o contrato prevé tamén cuestións de "curación de datos", é dicir, de selección de contidos existentes no catálogo. Tamén especifÃcase o desenvolvemento de dous micrositios temáticos sobre contidos da Galiciana "onde estean enlazados os autores coas súas obras, os documentos históricos coas personaxes sobre os que tratan e cos lugares onde sucederon". Esta capa dixital sobre a base de datos de Galicia deberá permitir buscas. O contrato tamén indica que Galiciana debe incorporar "novas funcionalidades ou espazos de difusión que acompañen ao desempeño das funcións de difusión da cultura e patrimonio cultural". Na memoria explicativa, a Xutna explica que na actualidade Galiciana contén máis de 532.000 obxectos dixitais agrupados en quince coleccións. A incorporación en 2016 dos 200.000 rexistros do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Galego, que procedÃan de moitas fontes distintas, levou a que "progresivamente se produza un deterioro da calidade dos datos" que o concurso actual se propón remediar.