As novas dixitalizacións para Galiciana destacan o patrimonio audiovisual

Publícanse as contías das subvencións para dixitalización de patrimonio cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioSociedadeHistoriaPolíticas Culturais
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou as contías e entidades subvencionadas para a dixitalización do patrimonio cultural. Os novos contidos serán incorporados a Galicia, o repositorio de patrimonio dixital de Galicia. Aínda que non se coñecen ao detalle os proxectos de dixitalización, as contías e as entidades destinatarias permiten ter unha visión da ampliación de contidos de Galicia. A entidade que percibirá unha maior contía é a CRTVG, con 90.000 euros, seguida da Real Academia Galega (84.712) e a Fundación Vicente Risco (78.239). Os concellos da Coruña (56.819) e de Betanzos (52.920) son os dous municipios cunha maior contía de subvención para dixitalización.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galiciana, Vicente Risco, Fundación Vicente Risco, CRTVG...