Galiciana, a biblioteca dixital de Galicia, contará a finais de 2019 ou principios do 2020 cos fondos dixitalizados de dez concellos e dez entidades educativas e sen ánimo de lucro de Galicia que reciben fondos do programa "Memoria Dixital" de Galicia, que está cofinanciado polos fondos FEDER da Unión Europea para Galicia. En total, estas vinte entidades recibiron en conxunto 712.133 euros para os proxectos de dixitalización, que deberán incorporar ao repositorio dixital da ConsellerÃa de Cultura. Os concellos que incorporarán os seus fondos históricos son os de Avión, Betanzos, MarÃn, Muros, Ortigueira (que incorporará os libros de acordos do concello desde 1549), Pol, as actas do concello de Ribadeo (desde 1825), Ribeira ou Vimianzo. A Coruña incorporará fondos do Instituto de Estudos Coruñeses. No caso das entidades sen ánimo de lucro e institucións educativas, participarán a Asociación de Amigos de los Caminos de santiago de Madrid, que dixitalizará obras do patrimonio bibliográfico galego, o Museo do Pobo Galego, cos documentos do fondo Blanco Cicerón, a Fundación 10 de marzo, a fundación Pedro Barrié de la Maza, co arquivo fotográfico de Moncho SabÃn, a Fundación RosalÃa de Castro, o arquivo da Fundación Novoneyra, da Fundación Vicente Risco. A Real Academia Galega dixitalizará publicacións periódicas históricas do século XIX e principios do XX, a CRTVG fondos audiovisuais antigos de temática xacobea e a Universidade de Santiago manuscritos dos séculos XV ao XIX. A convocatoria estipula que as dixitalizacións deberán completarse antes de novembro de 2019.