Cultura avanza as tres primeiras ferramentas lingüísticas do proxecto Nós

Román Rodríguez anunciou que estarán "dispoñibles en aberto nun breve prazo de tempo"

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

As tres primeiras aplicacións do Proxecto Nós, que a Xunta promove canda o Instituto da Lingua Galega, serán un tradutor de galego con tecnoloxía neuronal que "supera a calquera outro que existira ata agora", unha tecnoloxía de comprensión do galego oral e tradución a texto e outro que le textos en lingua galega. Román Rodríguez fixo este anuncio onte no Parlamento de Galicia, e salientou que "calquera persoa, empresa ou proxecto" poderá usar as ferramentas de xeito gratuíto. O uso do software de locución creada con redes neuronais xa foi aplicado no spot audiovisual do Día das Letras Galegas deste ano da Xunta.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Tecnoloxía, Lingua galega, Tradución...