A Xunta admite que se retirou do padroado de Sargadelos para evitar "malas interpretacións" trala contratación de Eva Cárdenas

Román Rodríguez explicou no Parlamento a decisión

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, admitiu onte no Parlamento que a Xunta saiu do patronato da Fundación Sargadelos "de mutuo acordo" trala contratación por parte da empresa de Eva Cárdenas, parella do Presidente da Xunta, como asesora externa. Rodríguez sinalou que a Xunta quería evitar "malas interpretacións. Non queremos que se ataque a Sargadelos pola nosa presenza no padroado". O conselleiro contestou deste xeito á voceira de cultura do PsdG, Noa Díaz, quen lle preguntou ao respecto.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Román Rodríguez, Fundación Sargadelos

Claves

Protagonistas