O Goberno autonómico pasará a formar parte do Padroado da Fundación Sargadelos, tras o acordo acadado coa dirección da firma. O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román RodrÃguez, e o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, representarán ao Goberno galego nesta institución. A Fundación Sargadelos conta actualmente con representantes da empresa, do Concello de Cervo e de distintas persoas do ámbito cultural e económico de Galicia. Ata o de agora a Xunta de Galicia só cooperaba coa Fundación a través das súas subvencións de actividade por medio dun convenio. O conselleiro cualificou como "unha oportunidade fantástica para poñer en valor, para impulsar e promocionar a innegable transcendencia e importancia que ten Sargadelos no seu conxunto na cultura galega". O obxectivo desta entrada no Padroado por parte da Xunta é impulsar a marca Sargadelos como gran referencia cultural de Galicia, un nome que conta ademais cun gran simbolismo de representación do paÃs, cun papel preponderante durante o século XX, e para o conxunto da cidadanÃa.
O falecido cofundador do Grupo Sargadelos, Isaac DÃaz Pardo, mantivera nos primeiros anos do século fortes enfrontamentos con outros accionistas do grupo pola súa proposta de ceder a xestión do Castro á Fundación Sargadelos para, segundo el, salvagardar a vertente cultural da empresa. Dous socios opuxéronse e a Audiencia Provincial da Coruña deulles a razón en xuño de 2004 cunha sentenza pola que confirmaba a nulidade da ampliación de capital coa que o Grupo Sargadelos lle querÃa dar á Fundación do mesmo nome o control da Fábrica de Cerámicas do Castro.
Esta alianza coa Fundación Sargadelos coincide coa celebración do centenario do nacemento de Isaac DÃaz Pardo, que a Xunta conmemorará cunha grande exposición na Cidade da Cultura, onde se deposita o legado persoal do intelectual. A mostra As miradas de Isaac, comisariada por dous dos seus fillos, Xosé e Camilo DÃaz Arias de Castro e poderá verse no Museo Gaiás, do 6 de novembro de 2020 ao 4 de abril de 2021, e estará composta por obras de arte, diversos obxectos persoais, fotografÃas, textos, murais, documentos e proxeccións. Esta primeira grande exposición sobre DÃaz Pardo despois do seu pasamento, no ano 2012 ten como obxectivo facer un achegamento a un dos intelectuais máis decisivos na defensa da cultura galega da última centuria.
Reactivación do complexo de Cervo
A reactivación do complexo de Cervo, como primeiro paso dun ambicioso proxecto autonómico, conta con varias iniciativas que serán recollidas nunha folla de ruta na que a Xunta de Galicia vai estar implicada co obxectivo de poñer en valor e difundir o legado cultural de máximo nivel de DÃaz Pardo e LuÃs Seoane, tendo tamén en conta a súa pegada tanto no Castro (Sada) como en Santiago de Compostela. O Museo de Sargadelos, un proxecto expositivo no concello lucense que recolle a historia da fábrica de cerámica e que ten previsto recuperar tamén a casa na que viviu DÃaz Pardo, un elemento positivo na dinamización cultural e económica da Mariña. Esta primeira fase do proxecto museográfico componse de sete salas expositivas nas que amosar parte do patrimonio de Sargadelos, que se completa con pezas de olerÃa tradicional, obras de LuÃs Seoane ou do propio DÃaz Pardo, xoierÃa, vidro ou as colaboracións con persoeiros ilustres e grandes ceramistas como Arcadio Blasco, Carmen Perujo, Silveiro Rivas ou Camilo José Cela. Tamén se recuperou o auditorio, onde se levarán a cabo experiencias culturais e proxeccións; a antiga sala de reunións, con finalidade expositiva, asà como a antiga Biblioteca do Seminario cunha colección de máis de 1000 libros. O complexo inclúe unha taberna no antigo comedor.