Atopan un torque da Idade do Ferro na Mariña de Betanzos

A familia descubridora entregouno á Dirección Xeral de Patrimonio

Unha familia de agricultores estaba traballando nunha finca nas Mariñas de Betanzos cando o tractor bateu cun obxecto metálico. Resultou ser un torque de ouro, que os propietarios da finca decidiron entregar ás autoridades seguindo o procedemento establecido. O torque foi entregado no Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón, ata onde se desprazou a Directora Xeral de Patrimonio. A familia solicitou discreción con respecto ao lugar do achado, aínda que se sabe que no entorno das Mariñas de Betanzos. Precisamente a localización encaixa á perfección coa tipoloxía do torque, moi semellante a outros localizados na área e que se denominan como de 'tipo ártabro', en relación ao pobo da Idade do Ferro que habitaba na área. A familia percibirá o premio correspondente trala valoración da comisión designada pola lei.