A alcaldesa de Betanzos, MarÃa Barral, e representantes da familia Pita asinaban este 14 de xullo ante notario a escritura pola que se crea a Fundación Globo de Betanzos. A posta en marcha da nova entidade, que conta cunha achega municipal de 20.000 euros, foi aprobada polo pleno do Concello, e nace coa intención de "manter unha tradición centenaria e sÃmbolo de Betanzos como é o lanzamento do Globo o dÃa 16 de agosto", segundo explicaba a propia rexedora.
A nova Fundación pasará a ter todos os dereitos sobre o aeróstato, xa que a familia Pita, ata o de agora posuidora dos mesmos, achega á entidade a patente do globo, o seu patrón de construción e mesmo a marca rexistrada do mesmo, cun conxunto de bens taxados en 44.275 euros. O padroado que rexerá o ente estará constituÃdo por cinco membros da corporación municipal, tres representantes da familia Pita e outras tres persoas que colaboran na elaboración do globo, entre eles o actual ilustrador deste elemento.
A tradición de lanzar un globo pola celebración de San Roque na vila betanceira remóntase a mediados do século XIX e desde entón celébrase de xeito ininterrompido, con diferentes membros da familia Pita como responsables da elaboración e lanzamento do artefacto. O globo de Betanzos elabórase con papel de estraza pegado con engrudo de fariña de centeo e reforzado con fita de algodón. As súas medidas roldan os 25 metros de altura e un diámetro máximo de 16. O aparello elévase con aire quente e destrúese cada ano logo do seu voo. Segundo se establece nos propios estatutos da Fundación, cada ano haberá un máximo de dous intentos de lanzamento do globo en caso de non ser posible elevalo na noite de San Roque, que se desenvolverán os dÃas 18 ou o 25 de agosto. Se non se puider lanzar, o aerostato do ano serÃa destruÃdo.
A constitución da fundación veu envolta en polémica ao contar un informe negativo da intervención municipal, que atopou irregularidades no procedemento de constitución e apuntou a ausencia dunha memoria xustificativa. A proposta, no entanto, foi valorada positivamente polos servizos xurÃdicos do Concello. Os votos dos grupos municipais do PSOE e do PP permitiron a aprobación en pleno da iniciativa.