Sergio Portela achega O Impulso de Eros ao Auditorio Mar de Vigo

A exposición de escultura pode se ver ata o vindeiro 27 de xullo e inaugura o uso expositivo desta instalación

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Sergio Portela achega O Impulso de Eros ao Auditorio Mar de Vigo

Unha colección de vinte e tres pezas nas que o escultor Sergio Portela explora "a súa perspectiva persoal e íntima da sexualidade e a sensualidade". Esta é a proposta de O Impulso de Eros, exposición que Sergio Portela inaugurou o pasado 3 de maio no Auditorio Mar de Vigo.

Ata o vindeiro 27 de xullo poden verse uns traballos que combinan bronce, gesso, madera e mármore cun estilo realista que se recrea no corpo humano e entre os que destaca a representación dunha muller embarazada.

As pezas da mostra súmanse ás dúas tallas en bronze do autor que xa estaban presentes na entrada do auditorio e que representaban dous modelos vigueses que posaron para o artista durante máis dun ano. A proposta inaugura a faceta expositiva deste espazo cultural da cidade de Vigo.

Canda a estas esculturas, enfocadas no espido e nas figuras mitolóxicas, a exposición amosa a maqueta dun proxecto para a Praza de España da Cidade Olívica elaborada polo propio Portela.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Auditorio Mar de Vigo, Cidade Olívica

Claves