Coidado coas espiñas

Lito Portela mestura escultura e son en Espiñas coroadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Fundación Laxeiro de Vigo acolle ata o vindeiro 14 de xullo a mostra Espiñas coroadas. O proxecto, comisariado por Carlos L. Bernárdez, recolle tres pezas escultóricas de Lito Portela que van acompañadas de textos de Manolo Romón e dunha composición musical de Julián Hernández. O escultor representa un marco, un banco e mais unha escaleira cargados de espiñas nunha mostra que xoga co espazo da Fundación para crear un ambiente no que o extrañamento e o poético se mesturan. A mostra xa puidera verse o pasado ano na sala ourensá Alterarte.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos L. Bernárdez, Laxeiro, Julián Hernández, Fundación Laxeiro...