A Fundación Laxeiro recupera a Antonio Faílde

Faílde. Anatomía da pedra poderá verse ata o 15 de setembro en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Fundación Laxeiro recupera a Antonio Faílde

No marco do Ano Faílde, que reivindica ao longo destes doce meses o labor do escultor ourensán Antón Faílde, a Fundación Laxeiro abre este catro de xullo na súa sede de Vigo Faílde. Anatomía da pedra. A exposición, que se poderá ver ata o 15 de setembro con comisariado de Natalia Figueiras, amosa unha quincena de esculturas do autor. Segundo explica a presentación do proxecto, "trátase de pezas das que o escultor nunca quixo desprenderse e que, por tanto, pertencen ao seu ámbito privado, ao que volverán, unha vez rematada a exposición". A selección supón "unha boa mostra das súas preocupacións como artista. O escultor encara o proceso creativo dende unha convicción apriorística que entende que a escultura final xurde da natureza da propia pedra, porque sempre formou parte dela".

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Fundación Laxeiro, Anatomía, Natureza...