O Calvario prepara a segunda edición de Banda á Feira

O encontro vigués de cómic celébrase entre o 12 e o 14 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Calvario prepara a segunda edición de Banda á Feira

Logo da súa exitosa presenstación, a Asociación de Veciños do Calvario celebra entre os vindeiros 12 e 14 de maio, a segunda edición de Banda á Feira. O encontro que este barrio vigués lle dedica á novena arte conta nesta ocasión con convidados como Teresa Valero, Kenny Ruiz, Carles Dalmau ou Miguelanxo Prado.

No programa, o coñecido guionista da serie Blacksad, Juan Díaz Canales, impartirá unha aula maxistral. Unha conferencia con Miriam Bonastre e Carles Dalmau iniciará as actividades o venres 12, mentres na tarde do sábado 13 celebrarase un encontro con Miguelanxo Prado e Teresa Valero e o día 14 será Kenny Ruiz quen se reúna co público.

O programa inclúe ademais sesións de sinaturas con Paula Cheshire, Pablo Carreiro, Manuel Veiga G, Jorge Campos , Anémona de Río e Adrián Morgade (o día 12) e con Pablo Prado, David Braña, Miguel Rojo, José Malvárez, Ángela Curro, Miguel Fernández e Kiko da Silva (o sábado 13). Ademais, artistas locais poderán amosar o seus traballos de autoedición na Praza da Banda. Tamén haberá obradoiros de creación de BD para o público máis novo.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Cómic, Miguelanxo Prado, Adrián Morgade...