Vigo súmase aos encontros de BD co festival Banda á Feira

Celébrase no Calvario os vindeiros 4 e 5 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Vigo súmase aos encontros de BD co festival Banda á Feira

A Asociación de Veciños do Calvario organiza a primeira edición de Banda á Feira. O novo encontro de banda deseñada pon a Vigo no mapa galego deste tipo de actividades a se presentar cun cartel do emblemático autor Das Pastoras. O programa, que se desenvolve entre os días 4 e 5 de xuño, inclúe a visita de autores de recoñecemento estatal como son Borja González, Mayte Alvarado, Carles Dalmau, que impartirá un obradoiro de técnicas dixitais e Anabel Colazo, así como diferentes autores locais.

As sinaturas convidadas desenvolverán encontros co público e farán parte dunha exposición colectiva nas rúas do barrio. Canda a esta poderá verse unha mostra monográfica sobre a BD Subnormal, na que o dúo vigués Fernando Llor e Miguel Porto abordan da cuestión do acoso escolar.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Vigo, Das Pastoras, Banda deseñada...

Claves

Protagonistas
Lugares