O Consello da Xunta aprobou hoxe as bases para crear unha nova convocatoria de subvencións para a aceleración cultural das artes escénicas galegas cun investimento de 336.000 euros ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e os mecanismos de recuperación e resiliencia europeos. Segundo o comunicado posterior á reunión do órgano de goberno, a finalidade desta liña de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, é impulsar a profesionalización empresarial do sector a través de proxectos que doten as entidades subvencionadas das ferramentas necesarias para mellorar as súas habilidades emprendedoras e financeiras no marco das industrias culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais xestionará este novo programa de aceleración cultural.
A través desta nova liña de axudas a ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades prevé apoiar unha decena de pemes, microempresas ou persoas traballadoras autónomas, que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia nos ámbitos do teatro, danza, novo circo e maxia. Establécese unha axuda máxima de 42.000 euros por proxecto, que pode supoñer ata o 80 % do orzamento subvencionable. Os proxectos deberán especificar en detalle as accións de aceleración e/ou investimento encamiñadas a acadar os obxectivos especificados nas bases no sentido de acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional do sector, impulsar a súa transformación á cultura dixital e a incorporación de novas tecnoloxÃas, favorecer as interconexións entre as industrias culturais e entre estas con outros sectores económicos, e favorecer o acceso ao financiamento.
Con tales fines, segundo explica o comunicado da Xunta, deberanse recoller diferentes accións de aceleración e investimentos vinculados ás catro liñas de gastos subvencionables que se detallarán nas bases: acompañamento ás empresas, formación, mediación, incubación ou mentorÃa en materia de comunicación, márketing, internacionalización ou financiamento; participación en xornadas, talleres e seminarios; apertura de novas liñas de negocio e/ou novos mercados, e transformación dixital. Para a selección das propostas seguirase un baremo de criterios automáticos e técnicos, que primará, entre outros aspectos, as empresas de recente creación, a estabilidade do persoal contratado, a xeración de emprego feminino, de menores de 30 anos e de persoas con discapacidade, o uso da lingua galega, a existencia previa dun plan de negocio ou a viabilidade, sustentabilidade ou potencial crecemento do proxecto.