Escena Galega, a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas promove a primeira edición do seu novo galardón, os 'Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas'. Con esta actividade, a entidade brinda recoñecemento sectorial a profesionais, entidades, instalacións e persoal técnico vencellados ás artes escénicas galegas. Os galardóns teñen carácter non competitivo e buscan recoñecer e visibilizar a traxectoria e a contribución de distintas compañías e persoas no ámbito das artes escénicas. A entrega de galardóns celebrarase o martes 25 de abril ás 20.30h na Sala Ártika de Vigo, afondando na vontade de Escena Galega de deslocalizar parte da súa actividade da provincia da Coruña.
Entre as entidades recoñecidas nesta edición, destaca a distinción como nova socia de Honra da Asociación a Sarabela Teatro ou unha mención especial á Asociación Circonove como iniciativa que impulsou o movemento do circo no País. Gustavo Docampo (ex-técnico de cultura, xubilado, do Concello do Barco de Valdeorras) e Jose Ángel Vieitez Cendón, "Perello" (da empresa técnica Kachet), recibirán igualmente aclamación á súa traxectoria por "Toda unha vida a sachar", nome do premio. Tamén haberá unha mención especial á "Embaixadora das artes escénicas galegas no exterior", que será para a ex-directora do CDG e actualmente Directora Adxunta do Centro Dramático Nacional, Fefa Noia, e o galardón "Espazo onde non che dan as chaves e marchan", será para o Pazo da Cultura de Narón.
A comisión-xurado encargada de seleccionar ás galardoadas estivo composta por Santiago Cortegoso (presidente), Patricia de Lorenzo González (vicepresidenta) e Diego Vázquez Meizoso (xerente), en calidade de secretario -con voz pero sen voto-. Tamén se convidou a outras persoas alleas á entidade co obxectivo de asegurar unha maior imparcialidade e diversidade nos criterios. Cecilia Carballido Couceiro (produtora e xestora independente), Borja Fernández Rodríguez (actor e creador escénico) e Miguel López Soto (director da empresa RTA-Recursos Técnicos Artísticos) foron as encargadas de aportar unha visión externa na selección de persoas e iniciativas galardoadas, optando por premiar proxectos e traxectorias atendendo ao equilibrio territorial. A comisión seleccionou categorías aglutinadoras que recollesen a vontade de Escena Galega de poñer en valor o traballo realizado polas persoas, entidades e axentes premiados.
A comisión destaca a Sarabela Teatro como Socia de Honra da Asociación "en recoñecemento á súa contribución á cultura galega durante os seus 42 anos de traxectoria como entidade de produción, exhibición e formación na cidade de Ourense, sendo un exemplo de resistencia de inmenso valor". De Fefa Noia, como Embaixadora das Artes Escénicas Galegas no Exterior, faise un recoñecemento "ao seu traballo dentro do equipo de dirección do Centro Dramático Nacional como ferramenta de difusión das propostas escénicas galegas noutros lugares do Estado, un gran labor no fomento das coproducións de compañías galegas, atención ás creadoras en residencia e a axuda brindada na estrea de textos de autoras de Galicia".
Sobre o premio as traxectorias de Gustavo do Campo e Jose Angel Vieitez "Perello", a comisión encóntrao xustificado polo "arduo traballo de deseño, xestión e programación de artes escénicas profesionais de Gustavo nunha praza xa emblemática como O Barco de Valdeorras" engadindo "o inconmensurable valor de persoal técnico como "Perello" para a posta en escena de propostas teatrais, de danza, maxia e novo circo en Galicia". No relativo á Asociación Circonove como Entidade impulsora do movemento do circo en Galicia, a comisión recoñecen nela ao traballo asociativo da xente do circo de Galicia, "que lles permitiu voltar ao País tras a súa formación no exterior e artellar esta factoría cultural de Circonove: unha escola, un lugar de ensaio, encontro e adestramento que axuda poñer no lugar que merece ao circo galego, máis rico e diverso de cada volta", aseguran.
A comisión tamén designou ao Pazo da Cultura de Narón para recibir un premio destinado a aquelas instalación "Onde non che dan as chaves e marchan", en recoñecemento "á amabilidade e dilixencia do persoal que no Pazo traballa, así como á vontade de manter os equipamentos técnicos actualizados e coidados, facilitando así o traballo das compañías galegas que a esas táboas suben os seus espectáculos". Finalmente tamén se verá recoñecida nestes premios a Fundación Manuel María polo Certame Manuel María de proxectos teatrais como iniciativa que "quen nos dera que houbese máis". En recoñecemento "á exemplaridade deste certame como ferramenta de difusión teatral, non soamente pola dotación económica á creación que supón, senón tamén pola articulación dunha rede que permite xirar as pezas resultantes por institucións colaboradoras en toda Galicia".