Dezanove funcións completas e doce presentacións en formato pitching compoñen a programación da décima edición de Galicia Escena Pro. A feira de artes escénicas que promove a Axencia Galega das Industrias Culturais en colaboración coa asociación profesional Escena Galega desenvólvese en Compostela entre o 29 de maio e o 1 de xuño.
Segundo destacou a Agadic na presentación do evento este 26 de maio en Compostela, nesta xeira confirmaron a súa presenza "75 feiras, festivais, circuítos e espazos culturais de dentro e fóra de Galicia" canda a "máis de 100 compañías galegas e empresas de produción e distribución de teatro, danza e circo, sumando unha das maiores cifras de participación do evento".
Os espectáculos que se poderán ver íntegros neste programa son 3240, de DeuVe; A nai, de Amorodio Teatro; Alleo, de Colectivo Glovo; Backstage, de NegroLópez; Bionic, de Entremans; Arraianos, de Sarabela Teatro; Crisálida, de Caramuxo; Hamelin, de Redrum Teatro; In-gobernable, de Uxía Morán; Iphixenia na porta do súper, de Compañía Humana; Mosca, de Ártika Cía.; MULTIPERSPECTIVAS #2, de Paula Quintas Cía.; Outrora nós, de Mevadeus: Sofá, de Marta Alonso Tejada; Solo, de Roi Borrallas; Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro; Vaivén, de Marcia Vázquez; e Vestirme de ti, de Furia Sotelo, que terá a súa estrea absoluta no encontro.
Aos dezaoito espectáculos das compañías galegas súmase Hasta que la muerte nos separe da madrileña Inconstantes Teatro, que chega ao evento como parte do intercambio co certame MADFeria de Madrid. En contraparatida, Colectivo Glovo actuará o vindeiro 16 de xuño nas Naves del Matadero da capital española coa peza de danza TABÚ.
A esta programación, que estará accesible ao público xeral, súmanse as presentacións breves en formato pitching de doce proxectos en desenvolvemento para profesionais da xestión cultural. Neste modo poderán verse X, de Fran Sieira Compañía de Danza; Anöa, de Elvi Balboa; Birds on a Wire, de Pistacatro; Compaña, de Xampatito Pato; Deadpan Karaoke, de Ibuprofeno Teatro; Entrega en man, de Contraproducións; Frío, de A Feroz; Iribarne, de ButacaZero; Kyoki, de Elefante Elegante; Monstros, de Producións Teatrais Excéntricas; Nanai da China, de Pérez&Fernández: e Perder a lingua, de Eva Comesaña.
Está previsto que durante o encontro se desenvolvan máis de 400 reunións de traballo entre profesionais da programación cultural e representantes de compañías, produtoras e distribuidoras. Ademais, o programa inclúe mesas redondas sobre A mediación cultural nas artes escénicas. Proxectos e dinámicas e mais O circo e danza nas feiras e circuítos estatais.
O Salón Teatro, o Centro Obra Social e mais o Auditorio Abanca, a Fundación SGAE e o Teatro Principal da capital galega acollerán o groso das proposta. A estes espazos súmanse dúas funcións en prazas do casco histórico e os concertos de Paraíso Teatro na sala Riquela e de Mondar no Sónar.