A sede de Afundación na Coruña acollerá entre os vindeiros 10 e 14 de maio a primeira xeira do Festival Imaxinaria. Esta cita incorpórase á axenda cultural do paÃs coa intención de "promocionar e dar a coñecer a animación audiovisual menos comercial, e funcionar tamén como punto de encontro de profesionais do sector". O ilustrador e director Alberto Vázquez e mais a comisaria Matilde RodrÃguez coordinan o programa, que contará con medio cento de filmes a competición.
Segundo adianta a organización do evento, un total de 50 curtametraxes de 20 paÃses entrarán a concurso nesta primeira edición, entre elas dez estreas a nivel estatal e trinta galegas. As bases establecen un grande premio de 1.500 euros, un galardón do xurado de 1.000 e tres de cincocentos, dedicados ao premio do xurado infantil, o do público e o destinado a un filme español ou galego. O recoñecido director, guionista e ilustrador neerlandés Michael Dudok de Wit será o padriño desta primeira edición e será homenaxeado na última xeira do evento.
A sección oficial organÃzase en seis bloques, un deles para público familiar. Dentro do programa, o apartado "Foco" achegará obras creadas noutros paÃses, mentres unha "Xornada Dixital" abordará os avances dixitais á hora de crear unha produción animada. O programa incluirá tamén un recoñecemento ao "Compromiso Social na animación" e unha homenaxe a creadoras e creadores destacados na sección "Na retina".
A maiores, a sección "O que está por vir" permitirá coñecer proxectos en fase de preparación de cinestas do paÃs. Entre os nomes xa confirmados para este espazo atópanse cineastas do paÃs como Dani Viqueira, que presentará o proxecto Soños de bebés ou David Fidalgo Omil que dará a coñecer a súa proposta Lucus. Canda a eles, Bea Lema, con O corpo de Cristo e MartÃn Romero con To bird or no to bird participan tamén deste apartado.