A primeira edición do Festival Imaxinaria fechaba as súas portas na Coruña este 14 de maio logo de cinco dÃas de actividades. O evento dedicado á animación organizado por Afundación e coordinado polo recoñecido cineasta Alberto Vázquez deu a coñecer os seus galardóns na xornada final.
A curtametraxe Dog-apartment, do realizador estonio Priit Tender foi galardoada co Gran Premio Imaxinaria, que conta cunha dotación de 1.500 euros. O xurado cualificou este filme como "difÃcil de esquecer" e apuntou que "a partir dun grupo de personaxes incrÃbeis e surrealistas medra unha historia profunda sobre un bailarÃn en decadencia".
Canda a este, a directora portuguesa Laura Gonçalves obtivo o Premio do Xurado, dotado con 1.000 euros por O homem do lixo, mentres o barcelonés GenÃs Rigol, levou os 500 euros do Premio Territorio, que distingue a mellor pelÃcula galega ou estatal participante, por El correu xunto a súa camarada.
Os votos do público infantil alzaron a curta francesa Boom co premio desta categorÃa, tamén de 500 euros, mentres o Premio do Público, da mesma entidade, foi para o realizador lucense David Fidalgo Omil pola súa curtametraxe Sandwich Cat, na que un extraterrestre intercambia a súa mente coa dun gato.
A realizadora española Isabel Herguera, o director portugués de cine de animación Nuno Beato e o animador, guionista, director e académico das Artes e as Ciencias Cinematográficas Khris Cembe conformaron o comité de selección dos premios.