Alberto Vázquez e Brais Rodríguez participan en salóns de BD en Bos Aires e A Paz

Xira americana

12/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“Viñetas con altura” é o nome do encontro sobre BD que entre o 2 e o 23 deste mes está a se celebrar na Paz, Bolivia. O evento conta coa presenza dos galegos Alberto Vázquez e Brais Rodríguez. Este último autor imparte mañá mesmo, martes 13 unha conferencia sobre autoedición, e participa mércores na mesa “Comercial e Independente ¿Cal é diferenza?”. O mesmo día, Vázquez participa no foro “Arte de Galería Vs Ilustración” e comeza un obradoiro sobre recursos estilísticos aplicados á ilustración e á BD. A partir do día 20 os dous autores estarán presentes no festival “Viñetas sueltas” que se celebra ata o vindeiro 25 en Bos Aires. Os galegos participarán na mesa redonda “Mundos editoriais” e achegarán a exposición conxunta “Dos veces gallegos”. Tamén dentro do programa, Vázquez repetirá o obradoiro que imparte en Bolivia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brais Rodríguez, Alberto Vázquez, Bos Aires, Obradoiro...

Claves

Conceptos