Compostela acollerá o 16 Encontro Galego de Ilustración

Javirroyo, Inês Silva ou Jon Juárez participarán no encontro entre o 27 e 28 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Compostela acollerá o 16 Encontro Galego de Ilustración

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) celebrará os vindeiros 27 e 28 de setembro a décimo sexta edición do Encontro Galego de Ilustración en Compostela. No programa, haberá encontros co recoñecido ilustrador e deseñador Javirroyo, que tamén impartirá un obradoiro sobre realización de mapas ilustrados, de Inês Silva, directora da prestixiosa axencia Illustopia, e do ilustrador Jon Juárez (Harrihorrihar). Canda a isto, Neves Rodríguez moderará unha mesa redonda coas ilustradoras portuguesas Marta Madureira e Cátia Vidinhas.

A iniciativa inclúe tamén un panel de experiencias e unha sesión de revisión de portafolios e unha Sesión DJ Ilustrada, co DJ Pablo Electrocute que estará acompañado da proxección de debuxo ao vivo a cargo de varios ilustradores. As actividades, de balde agás o obradoiro, están abertas ao público xeral.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Neves Rodríguez, Obradoiro, AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración...