Alberto Vázquez compite no festival de Annecy con Homeless Home

A curtametraxe opta ao premio Cristal do prestixioso encontro de animación

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Imaxe de Homeless Home

Imaxe de Homeless Home

O Festival de Annecy, principal encontro do cinema de animación en Europa, conta cun filme de autoría galega na súa competición. Homeless Home, dirixida por Alberto Vázquez, é un dos 37 filmes que compiten polo premio Cristal á mellor curtametraxe da cita. O festival, que se celebra en liña, reúne ata o vindeiro 30 de xuño as principais producións do mundo neste campo. Homeless Home, de animación 2D por computador e uns quince minutos de duración, é unha coprodución vasco-francesa das empresas Uniko e Autour de Minuit.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Alberto Vázquez, Cine, Europa

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares