Alberto Vázquez obtén o premio do xurado no Festival do Annecy

A curta Beautiful Boy recibiu o galardón á mellor montaxe nos premios Fugaz

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Alberto Vázquez obtén o premio do xurado no Festival do Annecy

Homeless Home, a última curtametraxe dirixida polo coruñés Alberto Vázquez, conseguiu o Premio do Xurado á mellor curtametraxe no Festival de Animación de Annecy. O filme competía na categoría Cristal con outros 36 proxectos e obtivo o que se considera un dos dous grandes premios do evento para este tipo de producións. O filme, unha coprodución vasco-francesa, segue a liña de animación para adultos coa que Vázquez está a conseguir recoñecemento internacional.

Outra curta de autoría galega, Beautiful Boy, obtivo nos premios Fugaz á curtametraxe española o galardón á mellor montaxe. O rianxeiro Fran X. Rodríguez levou este recoñecemento, ao que a fita optaba canda ao de mellor guión. Rodríguez correu tamén coa dirección do proxecto, ademais de coescribir o guión canda a Marcos Nine. O filme é unha comedia negra sobre "a importancia do noso legado", protagonizada por un coleccionista de 37 anos que decide desaparecer.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Alberto Vázquez, Animación, Guión, Marcos Nine...

Claves