16 de decembro, de Álvaro Gago e Homeless Home de Alberto Vázquez, superaron a primeira peneira e continúan a súa carreira ao entrar na fase final dos Premios Goya 2021. A organización dos galardóns do cinema español daban a coñecer na mañá deste 18 de xaneiro a listaxe de candidaturas, cinco por cada categoría, que competirán para se facer co trofeo na gala prevista para o vindeiro 6 de marzo. O proxecto de Gago foi escolleito entre as quince candidaturas propostas inicialmente para a categoría de mellor curtametraxe de ficción, mentres o do coruñés Alberto Vázquez competía con outros noves proxectos para chegar á final das curtas de animación.
Actualización: 18/01/2020 15:30
Canda a estas producións, tamén a directora galega Paula Iglesias opta a unha das figuras polo seu
traballo como codirectora, canda á vasca Ana Serna, da curta documental Sólo son peces. Ademais, a produción A galiña turuleca, que conta con participación galega, levará o premio á mellor longametraxe de animación, ao ser a única finalista nesta categoría, e o actor Mario Casas ten opcións de se facer co galardón á mellor interpretación masculina polo seu traballo en No matarás.