A Fundación Seoane celebra a Chichi Campos

Unha exposición, un catálogo e a estrea dun documental reivindican esta figura da cultura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda DeseñadaExposicións
Compartir:
A Fundación Seoane celebra a Chichi Campos

Este xoves 13 de abril, ás 19:00 horas, o auditorio da Fundación Luís Seoane da Coruña acolle a estrea de Chichi e mais eu. Este documental sobre a figura de Chichi Campos, dirixido polo seu fillo Nico, aborda un retrato deste polifacético guionista, debuxante e humorista gráfico falecido en 1991.

O acto fai parte das actividades coas que esta entidade reivindica a figura de Campos, e que continúan o vindeiro día 21 coa inauguración de Xesús! 70 anos de Campos, exposición que se poderá ver ata o vindeiro mes de outubro. A primeira retrospectiva que se lle dedica a este creador en trinta anos reúne máis de 200 pezas entre fotografías, obxectos persoais, debuxos, cómics, revistas, libros de artista, deseños, guións e documentación diversa que compoñen un retrato único, "intelixente e irreverente" da Galicia dos anos setenta e oitenta.

Segundo sinala a presentación do proxecto, que tamén comisaría Nico Campos, o homenaxeado "foi testemuño dunha época na que todo semellaba posible e do rápido desengano posterior, uns acontecementos políticos, históricos e sociais que foi plasmando nuns debuxos que deixaban ver a súa enorme cultura, o seu sentido do humor, a súa ironía e unha lucidez que anunciaba con bastante precisión o mundo no que vivimos hoxe".

A exposición complementarase cunha publicación que amosará traballos inéditos do autor, como "guións, debuxos, textos e mesmo un bestiario da política nacional de finais do 80 pertencentes ao Fondo Documental de Chichi Campos".

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Fundación Seoane, Humor, Luís Seoane...

Claves

Protagonistas
Conceptos