Chichi Campos protagoniza a nova entrada do Álbum de Galicia

O seu fillo Nico asina o texto que repasa a biografía deste humorista gráfico

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Chichi Campos. Fonte: Arquivo familiar. Consello da Cultura Galega.

Chichi Campos. Fonte: Arquivo familiar. Consello da Cultura Galega.

O humorista gráfico, guionista e autor de banda deseñada Xesús Chichi Campos protagoniza a nova incorporación ao Álbum de Galicia que mantén o Consello da Cultura Galega no seu web. Un texto biográfico realizado polo propio fillo do homenaxeado, Nico Campos, acompaña unha galería fotográfica, entrevistas e artigos sobre el e mesmo cartas que se integran nos epistolarios que ten publicados a institución.

Segundo apunta o texto, Campos "era unha persoa á que lle gustaba facer o mundo máis interesante e a súa foi unha vida que resume o espírito dos anos oitenta en Galicia, unha época que retratou como ninguén. Humorista como forma de vida, todo o que tocaba quedaba impregnado da súa esencia e personalidade. Tanto debuxando como escribindo, deixou unha inxente produción artística para alguén que morreu con trinta e nove anos acabados de cumprir".

A publicación coincide cunha serie de homenaxes que lembran o autor cando se fan trinta e un anos do seu falecemento e que inclúen a publicación dun libro, unha exposición e a rodaxe dun documental.

Que che parece esta nova?
116 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Álbum de Galicia, Galería, Banda deseñada, Consello da Cultura Galega...