A empresa Parteluz Estudio foi seleccionada pola Xunta de Galicia para realizar os traballos de restauración da Ermida da Nosa Señora da Lanzada, en Sanxenxo. Os traballos, que contan cun orzamento de 110.000 euros queren "evitar un posible deterioro irreversible ou a perda de elementos de valor artÃstico e cultural", segundo explica a ConsellerÃa de Cultura.
O proxecto inclúe traballos de limpeza e consolidación na superficie pétrea do templo, eliminando plantas, morteiros deteriorados e cemento, asà como restos de sal. Tamén se asentarán as sopenas e a cruz da fachada principal, que na actualidade está torta. O proxecto inclúe ademais "un estudo histórico-arqueolóxico mediante sondaxes arqueolóxicas manuais" e "un levantamento 3D da capela mediante fotogrametrÃa, escalado e xeoreferenciado exterior". O prazo de realización dos traballos é de 5 meses.