A Federación de Librarías de Galicia ven de presentar, xunto coa Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a posta en marcha dunha Axenda Cultural en liña que recolle a enorme actividade que as librarías galegas desenvolven ao longo do ano. Esta web que xa está dispoñible permite coñecer todo o que bule nestes establecementos, dende clubes de lectura até presentacións de libros, pasando por eventos infantís ou coloquios, ata nove categorías diferentes de eventos en trece localidades polo de agora recolle o seu listado. A nova axenda pretende ser un escaparate para todas as actividades culturais das máis de cen librarías que forman parte da Federación, permitindo ao público ter acceso nun só espazo a todas as propostas culturais existentes no gremio. a web tamén incluirá novas sobre o gremio e a lectura.
"Queremos fomentar a participación da sociedade nestas actividades, aumentar a oferta de ocio nas localidades, visibilizar a labor cultural que desenvolven as librarías galegas, e ser un espazo de información e relación tamén entre as propias librarías e os seus clientes", explicaba Ramón Dominguez, Presidente da Federación de Librarías de Galicia na presentación deste recurso no que estivo acompañado polo Director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo. Doutra banda, o evento serviu tamén para presentar o calendario de Feiras do Libro de Galicia 2023, un proxecto que cada ano enche as rúas de diversos concellos de libros, citas culturais e paixón lectora, e que este ano contará con 14 citas en toda Galicia, unha máis que o pasado ano coa volta de Redondela ao circuíto, comezando o vindeiro venres 21 de abril en Ferrol, e rematando o 26 de agosto en Monforte de Lemos. Entre medias, Santiago de Compostela, Porriño, Lugo, Vilalba, Ourense, Redondela, Vigo, Ponteareas, Rianxo, A Coruña, Viveiro e Foz. En total, catorce citas co libro nas rúas, que prometen achegar a literatura a todos os transeúntes, e que pronto comezarán a desvelar os seus programas.
Calendario de Feiras do Libro 2023: Fonte Federación de Librarías