As axudas a librarías da Xunta convócanse con 150.000 euros

A liña cobre gastos de actividades de difusión do libro e de fomento da lectura

O Diario Oficinal de Galicia recolle hoxe a convocatoria das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2020. Esta liña de axudas conta cun orzamento de 150.000 euros que se repartirá cun máximo de 3.000 por establecemento. Os establecementos interesados deberán describir as actividades previstas tanto presenciais como no web, e dispoñen dun mes para presentar as súas solicitudes.