Cultura convoca axudas á creación de banda deseñada en galego

A iniciativa conta cun orzamento de 30.000 euros e quere favorecer a realización de obras longas

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

As tan anunciadas axudas para creación de obras longas de banda deseñada en galego xa son unha realidade. Pendentes da publicación das bases desta iniciativa no Diario Oficial, a Consellaría de Cultura anunciaba onte a convocatoria dunha liña de apoio para a creación que conta cun orzamento total de 30.000 euros. Os autores interesados deberán presentar un proxecto da súa obra, e disporán de doce meses para o completar. Cada un dos proxectos poderá recibir un máximo de 6.000 euros, e os interesados dispoñen nun mes a partir da publicación desta orde no DOG.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada

Claves

Conceptos