O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se convocan as axudas para creación de historias longas de banda deseñada deste ano. O texto establece un total 30.000 euros para este fin, dos que cada beneficiario poderá obter un máximo de 6.000. Os interesados en participar deberán achegar fichas e personaxes, seis páxinas rematadas, o guión técnico ou storyboard da historia completa e unha sinopse argumental nun prazo dun mes contado a partir de mañá, 20 de xaneiro.
Unha das condicións explicadas no prego establece que só se poderán presentar ás bolsas aqueles credores que contan con titulacións universitarias coma Belas Artes, Comunicación Audiovisual, FiloloxÃa, Tradución ou Deseño Téxtil entre outros que tamén inclúen tÃtulos de FP. O feito de que existen moitos autores de banda deseñada galegos que non contan con titulacións deste tipo vai limitar en grande medida o número de candidatos a recibir estas axudas. Ao tempo, o lÃmite dun mes de prazo para presentar guións rematados tamén pode ser unha pexa para a concorrencia á convocatoria. Finalmente, as bases establecen que os beneficiarios deberán achegar facturas que xustifiquen os gastos desenvolvidos no proceso de creación. Tendo en conta que a maior parte dos mesmos será cubrir o propio traballo do autor, pode ser complicado que se conte con xustificantes destes gastos.
Convocatoria de axudas á creación de BD 2010 en pdf.Unha das condicións explicadas no prego establece que só se poderán presentar ás bolsas aqueles credores que contan con titulacións universitarias coma Belas Artes, Comunicación Audiovisual, FiloloxÃa, Tradución ou Deseño Téxtil entre outros que tamén inclúen tÃtulos de FP. O feito de que existen moitos autores de banda deseñada galegos que non contan con titulacións deste tipo vai limitar en grande medida o número de candidatos a recibir estas axudas. Ao tempo, o lÃmite dun mes de prazo para presentar guións rematados tamén pode ser unha pexa para a concorrencia á convocatoria. Finalmente, as bases establecen que os beneficiarios deberán achegar facturas que xustifiquen os gastos desenvolvidos no proceso de creación. Tendo en conta que a maior parte dos mesmos será cubrir o propio traballo do autor, pode ser complicado que se conte con xustificantes destes gastos.