AGADIC convoca as súas axudas para realización de longametraxes e de escrita de guión

O prazo de presentación é dun mes a contar a partir de mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Diario Oficial (DOG) publica hoxe dúas convocatorias relacionadas co audiovisual. Dunha banda as que teñen que ver para a producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega (con importe de 4.800.000 euros repartidos en catro anualidades). Da outra, as destinadas a creadores individuais para a escrita de guións e a realización de curtametraxes ou longametraxes dixitais (por un total de 500.000 euros). Ambas as dúas convocatorias réxense por criterios culturais: de promoción e difusión da lingua, historia e a cultura de Galicia. O prazo de presentación das axudas é dun mes a contar a partir de mañá.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Lingua galega, Axencia Galega das Industrias Culturais