Agadic reduce á metade as axudas a promoción do talento audiovisual

Esta liña de axudas fixo posible filmes como o multipremiado Todos vós sodes capitáns de Óliver Laxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

No marco dos recortes orzamentarios xa anunciados, a contía destinada a promoción do talento audiovisual galego redúcese á metade. Hoxe sae esta liña da convocatoria, por importe de 150.00 euros que afecta a creadores individuais en diferentes modalidades (a escrita individual de guións, a realización de curtametraxes e longametraxes en soporte dixital). Esta liña de axudas fixo posibles filmes como Todos vós sodes capitáns, coa que Óliver Laxe gañou na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes en 2010. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar a partir de mañá

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cannes, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Axencia Galega das Industrias Culturais