As librarÃas de Galicia poderán solicitar desde mañá as axudas da Xunta para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2021. A ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidades publica hoxe no Diario oficial de Galicia as bases da convocatoria desta liña de subvencións que este ano contan cun orzamento de 30.000 euros, cun máximo de 3.000 euros por establecemento. A partida redúcese moi visiblemente respecto aos 150.000 euros que se dedicaban o pasado ano a esta mesma liña de axudas, da que finalmente só se concederon arredor de 17.000 euros entre 9 librarÃas.
Estas subvencións pretenden apoiar as actividades de promoción da lectura e de difusión do libro e dos creadores, entre outras, as presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares, levadas a cabo no espazo fÃsico do establecemento libreiro, ou fóra da librarÃa, asà como actos de difusión dos libros a través da páxina web e das redes sociais da librarÃa, difusión na prensa, radio, internet ou a través doutros medios. As axudas concédense en base a concorrencia competitiva e quedan excluÃdas desta axuda aquelas librarÃas que, logo de aplicado o baremo previsto baseado en sete categorÃas a valorar, acaden unha puntuación inferior ao 50 % do máximo total.