Cinco compañÃas galegas de teatro, danza e novo circo participarán na 55ª edición do Festival Internacional de Teatro de Manizales, en Colombia, que terá lugar do 21 ao 28 de outubro. Galicia será o territorio convidado polo festival, como en anteriores edicións foi Chile, Arxentina ou o PaÃs Vasco. A Axencia Galega de Industrias Culturais ven de anunciar a participación das artes escénicas galegas nesta cita, considerada a más antiga das que se celebran en Iberoamérica, desprazamento para o que o executivo galego achega apoio económico a través da liña anual de subvencións á distribución de espectáculos e da dinámica de internacionalización emprendida polo Centro Dramático Galego. Para afondar nos detalles desta participación, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, recibiu onte na Cidade da Cultura de Galicia os representantes das cinco compañÃas e os directores dos festivais colombianos de Manizales, Octavio Arbeláez, e de MedellÃn, Sergio Restrepo, aproveitando a visita destes últimos a Galicia para asistir ao encontro profesional organizado en Narón con motivo do VIII Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular.
A proposta e convite incluÃu a selección de obras por parte da organización do festival colombiano para facer parte do seu programa. A escolma realizada polo certame de Manizales reflicte a ampla variedade de xéneros e estilos da escena galega con propostas teatrais como 'Continente MarÃa', na que Ainé, en coprodución co Centro Dramático Galego e o Concello da Coruña, evoca a figura de MarÃa Casares; a montaxe que transita entre as artes visuais, a danza e o cinema mudo de Elefante Elegante 'Alma de Tigre', que evoca a historia dunha familia encerrada nunha casa estartalada, e o futuro distópico de 'O mel non caduca', de Ibuprofeno Teatro. En danza, a representación galega recae en Fran Sieira e a súa compañÃa co espectáculo de baile e música tradicional DeMente, que pon o foco na saúde mental, e en circo, Pistacatro viaxará a Colombia con 'Orquestra de malabares', un espectáculo que mestura a música co ballet aéreo dos malabaristas. Organizaranse tamén conferencias, talleres e mesas redondas con participación desta delegación galega. Parte dela desprazarase, ademais, ata o Festival Teatro y Música Comfama San Ignacio, en MedellÃn, como evento colaborador do de Manizales.