Os pasados 8 e 9 de marzo o foro de coprodución VENTURA reuniu en Tui unha ducia de proxectos audiovisuais de diferentes países. Profesionais de produción, programación, vendas e distribución de países como Suíza, España, Reino Unido, Alemaña, Grecia, Suíza, Serbia, Italia, Dinamarca ou Estados Unidos atopáronse nesta iniciativa que se promove desde o festival Play-Doc.
Para alén de realizar presentacións das producións e de xuntanzas profesionais, un xurado internacional composto por polo cineasta norteamericano C. W. Winters, a programadora francesa Charlotte Serrand e o produtor grego Thanassis Karathanos, seleccionou o proxecto que levou o Premio VENTURA, dotado con 10.000 euros.
O filme As Estações da realizadora Maureen Fazendeiro impúxose entre todas as propostas que participaban no encontro. A película, coproducida pola firma portuguesa O Som e a Fúria, a francesa Norte Productions e a galega Filmika Galaika, obtivo tamén os premios de distribución Atalante para territorio español e Filmgarten para territorio austríaco.
O premio de son Cinemar foi para o filme Montaña ou morte de Pela del Álamo, mentres o DCP e deliveries NUMAX levouno El Alumbre, de Alejandro Tarraf e Felipe Lage. O galardón Cormorán de efectos visuais recibiuno Mil ourelas, de Sebastián Uría e coproducido por Olaia Ledo e Oliver Laxe. Finalmente, a bolsa Doc's Kingdom obtívoa Carla Andrade polo proxecto Después de nada.