O poboado romano de Brandomil será acondicionado para visitas turísticas

Os traballos arqueolóxicos revelaron varias estruturas do século I

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

AS intervencións arqueolóxicas na aldea de Brandomil (Zas), nunha parcela denominada Pedra do Altar, revelaron unha serie de estruturas do século I d.C., de época romana altoimperial. Tratábase dunha serie de estruturas, calzadas e espazos abertos que agora van ser recuperados para poder ser visitados. A parcela é propiedade da Fundación Brandomil mentres que a intervención, que consiste en limpar a escavación arqueolóxica, pechala, controlar a presenza da auga e construír un aparcamento nas proximidades. A intención do concello é continuar coas intervencións arqueolóxicas neste poboado romano de gran importancia para comprender a romanización da zona occidental da provincia da Coruña.

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brandomil

Claves

Lugares