Continúan as intervencións no xacemento de Brandomil

Recuperarase a calzada de acceso á ponte e continuarán os traballos na Pedra do Altar

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A aldea de Brandomil (Zas, A Coruña) alberga un importante pasado. Os arqueólogos recuperarán "antes de que remate o ano" un tramo da calzada de acceso á ponte romana e que foi tapado nunhas obras de hai trinta anos. Ao tempo, continuarán as intervencións na coñecida como Pedra do Altar, unha finca nas aforas da aldea na que a partir da prospección con xeorradar e unha posterior escavación, localizouse un edificio romano. Os traballos continuarán nas vindeiras semanas en virtude dun convenio entre o concello de Zas e a Fundación Brandomil, propietaria dos terreos, por 30.000 euros. Segundo indica La Voz de Galicia, a prospección do subsolo con gradiómetro revelou a existencia dun edificio que foi interpretado como "posta", unha pousada dunha vía romana.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brandomil, Concello de Zas, La Voz de Galicia, A Coruña