Revelan case cen metros do camiño real ao seu paso pola ponte de Brandomil

Os arqueólogos identifican elementos romanos que confirman a antiga orixe da vía

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Detalle da calzada do camiño real. Foto: Tania Carreira.

Detalle da calzada do camiño real. Foto: Tania Carreira.

Os arqueólogos limparon e fixeron visible un longo tramo de 83 metros do camiño real ao seu paso por Brandomil, ao carón da famosa ponte da parroquia. O camiño, en excelente estado de conservación, enlazaba as localidades de Negreira con Muxía a través de Brandomil e Baíñas, e era a principal vía de comunicación entre Santiago de Compostela e a Costa da Morte. O bo estado de conservación dos restos explícase porque os veciños de Brandomil lembran reparar o propio camiño nos anos 70, cando algúns tramos aínda estaban descubertos. Porén, a vía foi moi usada ao longo do Antigo Réxime, entre os séculos XVII e XIX, e "conserva as cunetas e tres bueiros para drenar a zona". Con todo, segundo o concello de Zas, "o máis sorprendente é a localización de varios tramos de pavimento viario romano de tipo "glarea", similar ao identificado nas escavacións da Pedra do Altar, outra das áreas romanas escavadas de Brandomil. "Segundo os expertos, isto confirma a orxe romana do trazado, ´unico paso para cruzar o río Xallas ata a Idade Moderna", sinalan desde o concello. A actuación está promovida polo concello de Zas.


Vista aérea do tramo descuberto. Foto: Concello de Zas

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brandomil, Concello de Zas, Idade Moderna, Morte...