Martín Sarmiento será primeiro homenaxeado no Día do Naturalismo Galego

Un grupo de entidades promoven a iniciativa

1/3/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Representantes das entidades que apoian a celebración do Día do Naturismo Galego. Foto: CCG

Hoxe pola mañá celebrouse a rolda de prensa de presentación do Día do Naturalismo Galego, que terá como primeiro homenaxeado a Martín Sarmiento, o frade bieito do século XVIII que foi determinante na investigación xuridica, histórica, filolóxica e tamén naturalista do seu século. A iniciativa foi promovida polo naturalista Rafael Loureiro, pero contou co apoio desde moitos ámbitos das ciencias e das humanidades. Entre as asociacións que manifestaron expresamente o seu apoio están a Real Academia Galega de Ciencias, Adega, a Sociedade Galega de Historia Natural, Hábitat e representantes de Verdegaia e da Federación Ecoloxixsta Galega. O día do Naturalismo galego celebrarase o vindeiro 9 de marzo, que é precisamente o día do nacemento de Martín Sarmiento. O comunicado das entidades que apoian esta conmemoración sinala que: "esperamos que o 9 de marzo, como o Día do Naturalismo Galego, sirva para iniciar un proceso de coñecemento do noso medio, que encete novos e máis profundos estudos naturalistas e científicos. Con esa información, rigorosa e de calidade, ogallá logremos protexer o que aínda se conserva e restaurar o xa estragado".

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Real Academia Galega de Ciencias, ADEGA, Real Academia Galega