A Casa das Ciencias expón gabinete e fondos de López Seoane, naturalista coruñés do século XIX

Historia dun naturalista de A Coruña

| Santiago.Redaccion | Seccións: Historia
Compartir:

Víctor López Seoane foi, a finais do século pasado, un dos principais estudiosos da natureza do Estado. No seu interese polo medio, chegou a reunir máis de dez mil fondos que agora se expoñen na Casa das Ciencias da Coruña baixo o título "O valor dunha vocación".

Fondos


A exposición pretende reproduci-lo ambiente, instrumentos e métodos de traballo dos científicos do século XIX. Para isto, ademais de amosar 10.747 fondos da colección de López Seoane, presenta a reproducción dun gabinete de Historia Natural, coidadando detalles coma os olores que estaban presentes neses lugares. Entre os obxectos expostos atópanse un grande número de animais disecados e de diferentes mostras de especies vexetais.



Historia


López Seoane naceu en Ferrol en 1822 e estudiou Filosofía e Mediciña en Santiago, exercendo como profesor e médico da Armada. En 1869 instalouse en A Coruña e comezou a viaxar e a ampliar os seus coñecementos sobre zooloxía. Moi interesado polo seu contorno, acadou identificar unha especie de salamandra e outra de rá so existentes en Galicia. Durante a súa vida conviviu con personaxes da talla de Emilia Pardo Bazán ou de Manuel Murguía.



Centenario da morte


A organización desta exposición coincide co centenario da morte do ilustre investigador, considerado precursor dos museos de Historia Natural. O comisario da exposición Francisco Armesto, que onda Marcos Pérez ordeou todo o material, sinalou a grande vocación de López Seoane por coñecer o seu contorno.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Víctor López, Natureza, Morte...